Mario Romero, campión galego de kickboxing no boxeo Cidade de Lugo

O Boxing Club Cidade de Lugo estivo presente no recente Campeonato Galego de Kickboxing, destacando a actuación de Mario Romero, que se proclamou campión galego na categoría Lowkick -60kg.
Romero logrou a vitoria na final fronte a Rodrigo Pires, representante do ED Viana do Bolo, imponéndose por puntos nun combate que puxo de manifesto a súa técnica e preparación.
Este triunfo suma un novo éxito ao historial do club lucense, reforzando o seu prestixio dentro do kickboxing galego.