Marisa Castro presenta mañá o seu libro 'A saga das curandeiras'

LugoXa
Marisa Castro presenta mañá venres 3 de marzo o seu libro 'A saga das curandeiras' na librería La voz de la verdad
Portada_ASaga curandeiras portada
2 Mar 2023

Marisa Castro presenta este venres, 3 de marzo, ás 19.00 na libraría La voz de la verdad de Lugo, a súa primeira novela, A saga das curandeiras.

Esta novela preséntanos a Rosalía Carcedo, unha curandeira a través de cuxa vida nos convida a facer unha viaxe durante a primeira metade do do século XX, desde a súa Galicia natal, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe á que volveu durante a ditadura.

Alí, Rosalía, personaxe ficticio baseado na sabedoría dos antepasados da autora e dalgunhas curandeiras ás que visitou, continúa aplicando o seu coñecemento dos remedios naturais, a pesar da incomprensión e a incredulidade dos que a rodeaban.

A trama permite coñecer a relación das curandeiras coa poboación e coas autoridades civís e relixiosas. A autora recolle na novela receitas e casos particulares que coñeceu da man da súa familia e de varios anos de investigación «in situ» sobre o tema, e axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico das meigas galegas.

Natural de Lugo, Marisa Castro, investigadora, bióloga e micóloga, ven dunha longa saga de curandeiros, o seu pai, menciñeiro e compoñedor, foi a quinta xeración dedicada á aplicación dos remedios naturais na parroquia luguesa de Santiago de Sáa. O seu afán por coñecer e investigar os seus orixes levouna a construír esta biografía ficticia na que verte o seu saber sobre este aspecto da etnografía galega.

Portada_ASaga curandeiras
0.20744013786316