Marisol Bravos inicia unha nova edición do San Froilán

LugoXa
O programa de San Froilán xa está listo e será a segunda edición dunhas festas marcadas pola sombra da covid e con restricións
Comeza San Froilan Lugo Pregon 20211
5 Out 2021

A presidenta de Cogami, Marisol Bravos, deu comezo a unha nova edición da gran festa do outono galego, o San Froilán, que traerá máis de 100 actividades e concertos, cunha gran presenza das agrupacións musicais e culturais de Lugo.

"Cando recibín a invitación para ser pregoeira, non daba crédito a semellante honra", dixo Marisol Bravos no pregón, "a darme conta da responsabilidade que asumira, empezaron a fluír os recordos e pensei que o título do pregón podía ser Vivencias baixo o lema de que ninguén sabe do que é capaz ata que o intenta".

Así mesmo, convidou ao público a facer un percorrido en tres etapas con ela, "o Lugo que coñecín, o Lugo polo que loitei e o Lugo que foi referente".

A primeira foi a súa historia "como é unha de tantas, simplemente serve para representar a sociedade que me tocou vivir", comentou Bravos. No percorrido de O Lugo polo que loitei!, comentou algúns detalles máis descoñecidos como a súa colaboración con Auxilia, os seus estudos, as súas colaboración, etc."Non podo pararme en datas nin en nomes, en todo caso algúns nomes serán de persoas que están no recordo ou que están librando a súa batalla".

No tocante ao Lugo que foi referente, falou da vacina da polio, dos movementos asociativos, ou de que "fomos referente no conxunto das Auxilias e que Lugo estivo na organización da primeira viaxe do Imserso entres outras cousa".

Así, tralo seu relato deu paso "a nove días de alegría, de convivencia, de diversión, de acollida, de polbo, de churros…".

Pode lerse o pregón de Marisol Bravos completo neste enlace.

Tralo pregón deron comezo unhas festas de San Froilán marcada por segundo ano consecutivo pola covid pero na que xa se recuperan moitas das actividades dos anos anteriores. Pódese consultar a programación completa NESTE ENLACE.

RECINTO FEIRAL

O feiral que estará acotado entre as Avenidas Rodríguez Mourelo – Praza de Avilés – e García Portela, a rúa Vila de Foz e o segundo bancal do Parque Rosalía de Castro até a explanada do Pavillón Municipal. Precisamente este último será, xunto coa Porta de Bispo Aguirre e as rúas Armando Durán e Puro Cora os puntos de acceso, tanto de entrada como de saída, preferentes ao recinto.

“Haberá delimitado un itinerario recomendado, coa capacidade máxima que determine a normativa da Xunta, durante o que, en todo momento, as persoas que se atopen nel deberán facer uso obrigatorio da máscara, gardar a distancia de seguridade e atender ás recomendacións que as forzas de seguridade lles fagan así como evitar aglomeracións”, explican dende o Concello.

CONSULTA O PLAN DE TRÁFICO NESTE ENLACE

HORARIO

Durante a semana, o feiral funcionará só polas tardes mentres que nas xornadas festivas, sábados e domingos, poderá estar operativo todo o día até a unha da madrugada (01:00 h). “Un horario que se estableceu atendendo á situación epidemiolóxica actual e tamén en coherencia cos límites polos que se rexen actualmente os establecementos de hostalaría”.

Neste 2021 os tres escenarios principais da capital serán as Prazas da Horta do Seminario e de Santa María e o lateral do Auditorio Gustavo Freire. A maiores, o San Froilán Miúdo celebrase no aparcadoiro municipal do Seminario. Todos os recintos estarán adecuadamente perimetrados e disporán de sinalización.

Tendo en conta todas estas circunstancias, o Concello elaborou un Plan de Tráfico no que se recolle a prohibición de estacionar, xa dende as 00:00 deste venres, nas avenidas Rodríguez Mourelo e García Portela mentres que as persoas residentes nestas zonas non precisarán de autorización para acceder.

LIMPEZA

Dende a área de Medio Ambiente preparouse igualmente un dispositivo especial para acometer o aseo viario e a recollida de lixo durante o San Froilán.

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, apuntou que haberá reforzos – humanos e materiais – nos operativos de mañá e tarde no recinto feiral e que, durante as fines de semana, incrementarase na contorna o número de contedores, de quita e pon itinerantes, tanto de fracción como de vidro, incluíndo o paso dun recolector, a partir das 6 da mañá, para retirar os residuos de bares e restaurantes. Igualmente se fará un aseo especial diario do estacionamento do Seminario onde se desenvolve o San Froilán Miúdo”.

Así, referiu, por exemplo, que a xornada laboral do persoal comezará ás 04:00 horas ou que o Casco Histórico, recinto feiral e zonas propensas ao botellón, se reforzarán con dez peóns pola mañá que se distribuirán segundo as necesidades do servizo.

ASEOS PÚBLICOS

Por outra banda, o concelleiro de Medio Ambiente informou, alén, de que o Concello instalará 14 wc’s portátiles, 3 deles para persoas con mobilidade reducida en distintos puntos do recinto feiral, que se limparán dúas veces ao día.

As cabinas, ubicaranse nas Prazas de Santa María (3), na Horta do Seminario (3) e na explanada do Auditorio Gustavo Freire (3), así como no Patio do Edificio Administrativo do Concello (1), na explanada do Pavillón (1), no bancal do Parque de Rosalía de Castro (1) e nas rúa García Portela (1) e Puro Cora (1).

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

A Concellería de Deportes apoia o amplo número de actividades deportivas que haberá durante o San Froilán na cidade de Lugo e que concentrarán a máis de 10.000 persoas.

Un total de 15 citas deportivas de diferentes modalidades completarán a programación de actividades, entre as que atoparemos o partido de volta da primeira xornada da Copa de Europa feminina que disputará o Ensino, un torneo de boxeo que terá lugar no ximnasio do Polideportivo Municipal do Pombal, o triangular amigable de pretempada entre o Club Xavarin Lugo, tamén o C.V. Pontevedra e o Narón xogarán o primeiro partido da Superliga, unha concentración atlética de saltadores de lonxitude, tripla, altura e pértega de toda Galicia nunha superficie adaptada para a ocasión con trofeos e premios en metálico para os mellores, o primeiro campionato internacional de petanca, que contará ca participación de varias federacións españolas procedentes de Galicia, Asturias, Castela León asi como equipos procedentes de Portugal e como non o cuarto encontro da liga ACB que disputa o CB Breogán ou 9ª xornada de liga do CD Lugo no Anxo Carro.

Eventos deportivos que terán lugar entre o 25 de setembro e o 17 de outubro na cidade de Lugo os cales reunirán a máis de 10.000 persoas entre deportistas e afeccionados e deberán cumprir todas as normativas sanitarias vixentes, derivadas da crise sanitaria.

calendario deportivo san froilan
0.21834301948547