Marta Bravo gaña o Concurso de Pintura Rápida de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Anotáronse 31 artistas, un dos anos de maior participación ata o de agora
obras-ganadoras-certame-de-pintura-rapida
As tres obras gañadoras
14 Xul 2024

Este sábado tivo lugar o XVI Certame de Pintura Rápida organizado polo Concello de Rábade.

Anotáronse 31 artistas, un dos anos de maior participación ata o de agora, con pintores chegados de Galicia e de diferentes puntos do Estado.

A gañadora foi Marta Bravo de Gijón, seguida de Isabel Seidel de Amoeiro, Lolo Serantes de Ponferrada e Carlos Montero de Murcia.

Tamén se repartiron 3 accésits para Diego Fernández, Federico Plasencia e Montserrat Valero.

Os premios son en metálico. Ao primeiro correspóndenlle 1.200 euros ofrecidos polo Concello, ao segundo 800 euros patrocinados por Finsa; ao terceiro 600 euros, a cargo de Mercontrol e ao cuarto, de 500 euros, financiado por Sariego. Outorgáronse tamén tres accésit de 100 euros.

O concurso estaba aberto a todos os artistas que desexaran participar maiores de 18 anos, que comezaron coa pintura ás 9.00 horas e tiveron de prazo ata as 17.00 horas.

Só se admitiu unha obra por artista, que tivo liberdade de escoller a modalidade e estilo de pintura que quixo. O tema foi Estampas de Rábade.

Todos os inscritos presentaron o cadro ao remate da sesión para participar na exposición que se abriu unha vez rematou a entrega de premios, que tivo lugar ás 18.00 horas no centro sociocultural, onde tamén estará aberta a mostra.

Dende o 15 ao 31 de xullo, tódalas obras premiadas, e as de aqueles/as artistas que o desexen, previa taxación do autor, serán expostas no Concello.

0.19982290267944