Marta Mariño visita as sedes de Juan Soñador e Cruz Vermella en Lugo

LugoXa
A directora xeral de Traballo mostrou o apoio da Xunta ao emprego a persoas en risco ou situación de exclusión social
visita-marta-marino-juan-sonador
Visita á asociación Juan Soñador
19 Xul 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou en Lugo dúas entidades de apoio ao emprego a persoas en risco ou situación de exclusión social. Primeiramente, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou a sede lucense da Fundación Juan Soñador, centrada na prevención, educación e promoción social integral de persoas e familias especialmente vulnerables.

Máis tarde, a directora xeral estivo nas instalacións da Cruz Vermella en Lugo, onde destacou o seu traballo a prol da igualdade de oportunidades no mercado laboral, potenciando e reforzando a empregabilidade das persoas en situación de desvantaxe a través da mellora das súas habilidades e capacidades e da loita contra as barreiras sociais que aínda existen.

0.17993378639221