Marta Rivera de la Cruz será a número dous de Feijoo na candidatura ao Congreso
LugoXa
A escritora lucense Marta Rivera de la Cruz vén de ser designada como número dous na candidatura deste partido ao Congreso dos Deputados.
14 Jun 2023
A escritora lucense Marta Rivera de la Cruz vén de ser designada polo líder do PP, Alberto Núñez Feijoo, como número dous na candidatura deste partido ao Congreso dos Deputados.
Rivera de Cruz, ex conselleira de Cultura na Comunidade de Madrid con Díaz Ayuso, presentouse ás eleccións municipais o pasado 28 de maio, na lista do PP de José Luis Martínez Almeida.
Con este paso, Rivera de la Cruz amosa o seu compromiso co Partido Popular, mentres Feijoo suma á súa lista un político máis da contorna de Ayuso, como Pablo Vázquez, ou que tamén estivo en Ciudadanos, como Luis Garicano.