Martín Alemparte puxo en valor a calidade dos queixos galegos en Pedrafita

LugoXa
A produción da DOP superou os 60.000 quilos en 2024, cun valor estimado de 760.000 euros
DOP-Queixo-do-Cebreiro
2 Sep 2025

O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, visitou as instalacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo do Cebreiro, aproveitando a ocasión para poñer en valor a calidade dos queixos galegos representados por estas denominacións de orixe protexidas.

Durante a visita analizouse a situación actual desta DOP, que conta con tres operadores e oito gandeiros adheridos, e que leva incrementando de forma constante a súa produción certificada desde 2016. Ademais, avaliouse a posibilidade de desenvolver accións de promoción que consoliden o nivel de produción actual e fomenten a creación de novas queixerías dentro deste distintivo.

O pasado ano, a DOP Queixo do Cebreiro alcanzou unha produción superior a 60.000 quilos, cun valor estimado de preto de 760.000 euros, procedentes das zonas de montaña do leste da provincia de Lugo, reforzando así a presenza e a repercusión deste produto galego de calidade no mercado.

⚙ Configurar cookies
0.20837998390198