Masa Crítica, un movemento que continúa vixente trece anos despois

LugoXa
Masa crítica é un movemento que busca promover o uso da bicicleta coma medio de transporte alternativo e que segue presente en Lugo.
masa critica lugo
4 Jul 2021

Masa crítica é un movemento popular e mundial que busca promover o uso da bicicleta coma medio de transporte alternativo e que, trece anos despois, continúa presente na cidade de Lugo.

Naceu e ten a súa orixe nos Estados Unidos, concretamente, no ano 1992 en San Francisco e fai xa 13 anos que se celebra na cidade de Lugo. Masa Crítica é un movemento mundial que pronto se difundiu entre ciclistas de todo o mundo, comezando a unirse á iniciativa comunidades de mensaxeiros. Pouco a pouco o movemento foi crecendo e a xente respondeu favorablemente e, por iso, a día de hoxe continúa sendo un movemento vixente e que se segue a levar a cabo.

Pablo Veiga, organizador das saídas en bicicleta de Lugo, defineo coma "unha concidencia organizada, onde aquelas persoas ciclousuarias quedan para dar unha volta en bici polas rúas da cidade de Lugo. Un dos nosos lemas: Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes".

A celebración desde evento é o último xoves de cada mes e lévase a cabo por varias rúas da cidade de Lugo onde ciclistas se reúnen para pasar un día diferente, deportivo e saudable onde prima o bo ambiente e o respecto polo medio ambiente. O obxectivo principal é promover o uso da bicicleta coma medio de transporte alternativo, así coma recordar todas as vantaxas das que dispón: económico, ecolóxico e social.

Así mesmo, hai que recordar que, na actualidade, Lugo está a facer carrís bici por diferentes zonas da cidade para poder ter unha mobilidade maior e, sobre todo, máis segura; algo que non comparten todos os veciños e veciñas de Lugo. Así pois, dende o Partido Popular xa trasladaron as súas diferenzas “se ben a posta en marcha dun carril bici é a priori unha acción positiva -ata aquí todos estamos dacordo- ás veces, obras ou iniciativas que poderían supor unha mellora na calidade de vida dos veciños e veciñas tórcense e convértense nun problema”.

De feito, dende o Concello queren convocar á veciñanza de Marqués de Ombreiro co fin de presentar alternativas para mellorar o carril bici debido ás queixas e preocupacións que están a recibir cunha obra que aínda está en execución.

Dende Masa Crítica, polo seu lado, deféndese o emprego da bicicleta na cidade de Lugo nos desprazamentos xa que se considera "completamente viable e con resultados positivos". Ademais, engaden que "unha ollada alén dos Pirineos, comprobamos como o uso da bici é xeneralizado. As medidas que vemos en Lugo seguen camiños parecidos. Calmar a velocidade, fomentar o transporte público, gañar rúas para os ciclousuarios e peóns, son fórmulas a adoptar". 

Aínda así, e a pesar de que consideran que son medidas aceptables, tamén defenden que "a meirande parte da poboación da cidade de Lugo atópase nunha colina onde os desniveis son claramente superables".

Por iso, dende Masa Crítica queren seguir promovendo unha iniciativa que educa a cidadanía -dende os máis cativos aos máis vellos-, que leva máis de 150 edicións e que, independientemente do número de participantes que se suma en cada unha delas, xa se considera "un logro e un éxito o non fracaso desta iniciativa na cidade de Lugo".

masa critica bicis lugo
masa critica
0.16540098190308