Matilde Fenández (Matuquín) acendeu o alumeado para dar inicio ao programa de Nadal

LugoXa
Matilde Fernández, (Matuquín), integrante de Fuxan os Ventos e mestra de Lingua Galega e Literatura, foi a encargada de acender o alumeado ornamental de Nadal, dando comezo á tempada festiva no Concello de Lugo.
nadal acendido alumeado
1 Dec 2023

Matilde Fernández, (Matuquín), integrante de Fuxan os Ventos e mestra de Lingua Galega e Literatura, foi a encargada de acender o alumeado ornamental de Nadal, dando comezo á tempada festiva no Concello de Lugo. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, dirixiuse a todas e todos os lucenses e animounos a desfrutar das festas e das distintas actividades programadas para as festas nas rúas de Lugo.

O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 8 de xaneiro de 2022, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos. Na xornada do 17 de decembro, adaptaranse as luces de Nadal á celebración da carreira Lugo Monumental.

En total, o alumeado conta con 778 elementos decorativos e preto dun millón de microleds. Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 189 arcos luminosos e distintos elementos ornamentais, entre os que destaca a decoración de 100 farois ou a colocación de figuras en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, ten de 20 metros de altura e a praza Maior conta con figuras que poderán ser utilizadas como photocall. A nova praza da Mosqueira conta tamén con elementos decorativos de máis de 1.500 puntos de luz. Os arcos contan, como novidade, con elementos visibles durante o día.

Programación de Nadal

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou as actividades culturais do Nadal 2023. A área de Cultura achegará o Nadal a distintos puntos da cidade, con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, ou no Vello entre as que se atopan actuacións musicais, obradoiros e contacontos. Tamén dende a Tenencia de Alcaldía se está a promover o consumo en establecementos de proximidade.

A concelleira de Cultura indicou que "o Nadal é unha data propicia para fomentar tamén a nosa cultura" e engadiu "contamos con actividades para difundir entre as nenas e nenos as nosas tradicións, entre as que se atopan obradoiros de panxoliñas no Vello Cárcere, ou o Rancho de Reis Xeitoso, unha actividade xa consolidada na programación do Nadal de cada ano, e que este ano volverá a Lugo o día 23 de decembro “.

  • 22 de decembro. Benvida ao apalpador. Mercado Municipal e Rúa Quiroga Ballesteros.
  • Do 26 ao 29 de Decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. Obradoiros Panxoliñas. O Vello Cárcere Aprender e desfrutar dos nosos cantos tradicionais con profesores especialistas, utilizando diversos instrumentos; guitarra, ukelele e pequena percusión.
  • 26 e 30 decembro. Medrando no Nadal. Festival de artes escénicas familiares e 1ª Infancia. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
  • 23 de decembro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.
  • 3 de xaneiro. Concerto de Aninovo pola Banda Filharmónica. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
  • 4 de xaneiro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.
  • 5 de xaneiro. Cabalgata de Reis. Chegada dos Reis Magos a Cidade de Lugo, saída ás 18h. Parque da Milagrosa. Actuacións diante do Concello para aliviar a espera; Ás 18.30 Mostra final do Obradoiro de Panxoliñas. 19h Bloco Meigallo.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17972493171692