Matodoso celebra as súas festas esta fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
Unha churrascada popular gratuíta abrirá as festas, ás 22.00 horas do venres
festas-matodoso-castro2
Cartel das festas de Matodoso
15 May 2024

A parroquia de Matodoso, en Castro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Isidro entre os días 17 e 19 de maio.

Unha churrascada popular gratuíta abrirá as festas, ás 22.00 horas do venres, que estará amenizada polo grupo Eureka.

O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 cunha misa para continuar coa sesión vermú a cargo do grupo Fussion.

A verbena da noite contará tamén coa actuación do mesmo grupo, que estará acompañado pola orquestra Cinema.

O domingo a misa volverá ser ás 13.30 para continuar despois cunha sesión a cargo do dúo Eclipse, que poñerá o fin de festa. O día 1 de xuño terá lugar unha comida veciñal para completar o programa.

A organización lembra que haberá carpa.

festas-matodoso-castro

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18710684776306