Maxisterio acolle este luns un foro coas organizacións sindicais
A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC acolle este luns 4 de decembro, a partir das 10.00 horas, as xornadas Falando de ensino coas organización sindicais, un foro no que tomarán parte representantes sindicais da CC.OO., UXT, CSIF e STEX e no marco do que, durante o que se abordarán cuestión de especial interese para as futuras xeracións de mestras e Mestres. De feito, o acceso á función docente, o proceso de oposición, a formación ou as listas de substitución constitúen algúns dos temas sobre os que se debaterá ao longo das distintas sesión programadas en quenda de mañá, ata as 14.00 horas.
As xornadas están pensadas para que o alumnado participante adopte un papel activo e crítico, para o cal se contempla un faladoiro no que poderán trasladar aos representantes das organizacións sindicais as súas inquedanzas con respecto ao seu futuro profesional e aos novos retos que se lle demandan a unha escola que pretenda dar resposta aos desafíos da sociedade do Século XXI.
Esta actividade está organizada pola Facultade de Formación do Profesorado (no marco do seu Plan de Formación, Orientación e Titorización do Estudantado, FORTE-FFP) xunto coas as catro organizacións sindicais. De feito, estas xornadas sitúanse na dobre vertente informativa e formativa, e permitirán resolver dúbidas á vez que ofrecen unha oportunidade para que o alumnado tome contacto coa labor dos sindicatos e o seu traballo a prol de cambios na educación que redunden na mellora das condicións docentes e, por ende, na mellora da calidade da formación que se ofrece aos nenos e nenas, segundo indica a decana do centro universitario lugués, Carmen Sarceda.