Mayte Ropero, do Club de Billar Adai, proclamouse campioa da 4ª Copa de España Feminina

LugoXa
Grazas a este triunfo, Ropero asegura a súa presenza nos Campionatos Europeos de Pool 2026
Mayte-Ropero-Club-Billar-Adai-Lugo
30 Apr 2025

María Teresa Ropero, deportista do Club de Billar Adai, proclamouse campioa da 4ª Copa de España Feminina, derradeira etapa do Circuíto Nacional Feminino de Pool, logrando a medalla de ouro e, grazas a este triunfo, Ropero asegura a súa presenza nos Campionatos Europeos de Pool 2026.

O podio tamén contou con presenza galega grazas á actuación de Verónica González, integrante do Club Ourensán de Pool, que acadou a medalla de bronce tras unha brillante actuación.

Despois deste destacado encontro nacional, os vindeiros días 3 e 4 de maio celebrarase no Club de Billar Adai o IV Campionato Galego de Billar Feminino nas modalidades de Bola-9 e Bola-10. A competición, organizada polo club corgués en colaboración coa Federación Galega de Billar, conta tamén co respaldo da Deputación de Lugo.

Esta cuarta edición marcará un fito na historia do campionato cun récord de inscricións, reunindo a 21 xogadoras procedentes das catro provincias galegas.

Lamentablemente, Mayte Ropero non poderá competir nesta ocasión no torneo autonómico, xa que se atopa xa en camiño a Nova York para tomar parte esta fin de semana nun evento internacional organizado pola Women’s Professional Billiard Association (WPBA).

⚙ Configurar cookies
0.15832996368408