Medalla de prata para o nadador Adrián Fernández no campionato de España alevín

LugoXa
O Porta Miñá colocou aos seus nadadores entre os dez primeiros en case todas as categorías
natacion-alevin-adrian-fernandez
Adrián Fernández
16 Xul 2024

Disputouse en Ciudad Real o Campionato de España alevín de natación no que competiu o PortaMiñá realizando unha gran actuación, especialmente a través de Adrián Fernández, que conseguiu a medalla de prata en 200 metros estilos, ademais de disputar numerosas finais e colocarse entre os mellores nadadores nacionais da súa idade.

Por outra banda, as nadadoras Alba Lema, Laura Abuín, Antía Prieto e Patricia Fernández competiron tamén en numerosas finais e metéronse entre as dez mellores nadadoras nacionais.

Un novo éxito da canteira do PortaMiñá e un novo premio ao traballo que desde hai anos vén realizando e que agora empeza a dar os seus froitos a nivel nacional

0.18360900878906