Médicos e facultativos de Galicia comezan unha folga para esixir un estatuto propio

LugoXa
Reivindican condicións laborais dignas e recoñecemento profesional
concentración-médicos-HULA
3 Oct 2025

Os sindicatos de médicos e facultativos de Galicia iniciaron unha folga médica para demandar un Estatuto Propio que recoñeza a especificidade, complexidade e responsabilidade da súa profesión.

Esta mañá, diferentes profesionais do HULA concentráronse á entrada do hospital para ler un manifesto no que destacaban a necesidade dun marco legal e laboral que dignifique o seu traballo, protexa a súa saúde física e mental e garanta a calidade asistencial para a poboación.

Durante anos, estes profesionais din soster o sistema sanitario con vocación e esforzo, a costa moitas veces da súa saúde e do tempo dedicado á familia. Tras anos de paciencia, diálogo e propostas de solucións, consideran que a falta de respostas reais obrígaos a exercer o dereito á folga.

Denuncian que os médicos e facultativos non poden decidir sobre as súas condicións laborais, que se lles somete a gardas interminables e mal remuneradas, e que o seu liderazgo na atención ao paciente se ve ameazado día a día.

Belén Carnero, delegada de Omega e vicesecretaria de Omega pertencente ao grupo APMIF, explicou que os sindicatos médicos galegos, xunto con outras asociacións de profesionais, se uniron na loita por un estatuto marco, xa que non estaban representados nas mesas do ámbito sanitario e carecían de voz e voto. Reivindican un estatuto propio para equipararse ás condicións doutros empregados públicos e garantir un horario laboral razoable, recoñecemento das horas extras e dereitos equivalentes aos doutros profesionais.

Os sindicatos subliñan que o seguimento da folga está a ser masivo, especialmente nos hospitais, mentres que en atención primaria hai menos incidencias. Destacan a necesidade de conciliar a vida laboral e persoal, a voluntariedade nas gardas e a mellora das condicións laborais como eixos centrais da súa reivindicación.

⚙ Configurar cookies
0.099673986434937