Medio centenar de estudantes participan nos obradoiros do Campus Terra sobre as titulacións STEM

LugoXa
A iniciativa ‘Protagonistas, as enxeñeiras’, un evento promovido pola Comisión de Igualdade de Xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC co gallo do Día Internacional da Muller da Nena da Ciencia, permitiu a preto de medio centenar de estudantes de ensino medio no IES Ánxel Fole de Lugo achegarse ás titulacións de carácter científico e tecnolóxico (STEM) impartidas neste centro universitario.
titulacions_stem_obradoiros_campus_terra
7 Feb 2024

A iniciativa ‘Protagonistas, as enxeñeiras’, un evento promovido pola Comisión de Igualdade de Xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC co gallo do Día Internacional da Muller da Nena da Ciencia, permitiu a preto de medio centenar de estudantes de ensino medio no IES Ánxel Fole de Lugo achegarse ás titulacións de carácter científico e tecnolóxico (STEM) impartidas neste centro universitario. A través da participación en diversos obradoiros divulgativos sobre voo de drons, escaneado 3D, ou da asistencia a micro relatorios sobre velocidade, ciclo hidrolóxico, desenvolvemento de produtos con madeira estrutural, así como respecto das pontes que conectan a enxeñaría co cancro.

As promotoras de do evento concibido como fórmula para favorecer a incorporación de máis mozas aos estudos de enxeñaría, tanto no que se refire a enxeñarías agrícolas e agroalimentarias, forestais e do medio natural, enxeñaría civil, enxeñaría de Montes, así como de calquera outra disciplina universitaria de carácter científico e tecnolóxico, salientaron o interese da mocidade que tomou parte nunha xornada. Unha xornada que sinalan como necesaria para estimular e garantir que a muller goce dunha presenza e sexa protagonista en situación de igualdade respecto dos homes na sociedade tecnolóxica que está por vir.

Esta realidade, detallaron, aínda se fai máis urxente na actualidade en España, onde, alén da falta de referentes femininas, a porcentaxe de mulleres que están a completar estudos de enxeñaría e ou tecnoloxía apenas representa o 13 %. O programa de actividades deseñado desde a EPSE co apoio do Campus Terra da USC e do Concello de Lugo incluíu preto dunha decena de obradoiros, que se desenvolveron en quenda de mañá nas distintas instalacións do centro universitario. O abano de talleres ofertado ao alumnado incluíu propostas de impresión 3D, voo de drons, novas Pontes entre a enxeñaría e o cancro, ‘Micro Aliens contra pragas’, esqueleto de edificios, ciclo hidrolóxico, escaneado 3D dun bosque, desenvolvemento de produtos de madeira estrutural ou actividades arredor da velocidade.

Os obradoiros, de participación libre e gratuítos en función das preferencias da mocidade, estiveron impartidos por persoal docente e investigador da EPSE, un colectivo integramente feminino que, neste evento conmemorativo do Día da Muller e da Nena na Ciencia, estivo formado por Cecilia Alonso, Beatriz Blanco, Cristina Cabaleiro, Adriana Conde, María Belén Feijoo, María Elena Fernández, María Dolores Fernández, María da Luz Gil Docampo, María José López Villar, María Portela, María Flora Romay, Ana Daría Ruiz, Mónica Ruy, Patricia Eva Tato del Valle, María Teresa Teijeiro e Montserrat Valcárcel.

0.22489213943481