Medio cento de veciños participaron no roteiro cardiosaudable polo Paseo do Rato

LugoXa
Esta actividade estaba impulsada pola Federación Veciñal
roteiro-cardiosaudable-rato
Un momento da camiñada
9 Xuño 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos; e o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto acompañaron este sábado aos preto de 50 veciños e veciñas que participaron no roteiro cardiosaudable polo paseo do río Rato organizado pola Federación de Asociacións de Veciños.

A iniciativa, na que colabora o Executivo de Paula Alvarellos, ten como obxectivo darlle eco á importancia que teñen os hábitos de vida saudables na prevención das doenzas cardiovasculares. A alcaldesa aproveitou o desenvolvemento da actividade para poñer de manifesto “o valor incalculable que ten un espazo natural como o paseo no que hoxe nos atopamos. Os lucenses e as lucenses somos moi afortunados de poder gozar coas vantaxes para a saúde que ofrece poder camiñar por este paseo do Rato, ao que podemos chegar a pé directamente desde o centro da cidade”.

As persoas participantes na camiñata comezaron o percorrido ás 11.30 horas no cruce da estrada de A Fonsagrada e o paseo do Rato e finalizaron no mesmo punto, despois de achegarse ata o barrio de Galegos, desde onde iniciaron a volta da andaina.

0.10461711883545