Mellorado o firme na estrada entra Pías e Mazoi

LugoXa
A área de Medio Rural ven de realizar melloras no firme da estrada que comunica as parroquias de Pías e Mazoi.
Miguel Fernández coa veciñanza de San Vicente de Pías
3 Out 2022

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, vén de mellorar o firme da estrada que comunica as parroquias de Pías e Mazoi.

En concreto, trátase dunha vía de case un quilómetro de lonxitude (725 m) cuxo arranxo reverterá directamente na seguridade viaria desta calzada que dá servizo non só a un número importante de vivendas senón que tamén facilita as conexións coa igrexa
parroquial de San Vicente de Pías.

“Os traballos, aos que destinamos 31.823 €, consistiron na limpeza inicial das cunetas, para facilitar a circulación das augas, así como a reposición do firme cunha capa de mestura asfáltica en quente de 5 cm de espesor e a regularización previa do 10% da superficie coa mesma mestura para as zonas máis deformadas ou que presentaban fochancas”, explicou o edil.

Fernández indicou que intervención “ten por obxectivo incrementar a calidade de vida da veciñanza e dar resposta ás súas demandas” ao tempo que incidiu, unha vez máis, no “compromiso do Executivo de Lara Méndez para ir aumentando progresivamente as
infraestruturas públicas no rural, equiparando as dotacións en todo o municipio”.

0.064934968948364