Melloran a a vía de acceso ao núcleo de Sandolfe, en Monterroso

LugoXa
O Goberno galego achegou financiamento para executar a obra, que tivo un orzamento de 24.100 euros
mellora-via-Sandolfe-Monterroso-FCA-2024
30 Xul 2024

A Xunta colabora co Concello de Monterroso para mellorar a vía de acceso ao núcleo de Sandolfe. O Goberno galego achegou financiamento para executar a obra, que tivo un orzamento de 24.100 euros. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dos traballos xunto co alcalde de Monterroso, Eloy Pérez.

A intervención centrouse en dotar o camiño dunha nova capa de rodaxe adecuada ao seu uso, corrixindo os problemas que presentaba o firme e mellorando a seguridade e a comodidade para os usuarios. Arias sinalou que a Xunta traballa de forma conxunta cos concellos para mellorar infraestruturas e servizos municipais. Neste caso, os traballos financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental do 2024, que conta con máis de 11 millóns de euros de orzamento.

0.12224102020264