Melloran a accesibilidade ao núcleo do Bispo, en Monterroso

LugoXa
O Concello completa esta actuación con fondos do Plan Concellos financiado pola Deputación Provincial
bispo-monterroso
17 Xuño 2024

O Concello de Monterroso mellora da accesibilidade ao núcleo do Bispo. A Xunta de Galicia está a executar as obras do Plan de Infraestruturas Rurais no lugar do Bispo para mellorar a accesibilidade a este núcleo rural desde a estrada LU-212 (Monterroso-Lugo). O Concello completa esta actuación con fondos do Plan Concellos financiado pola Deputación Provincial.

Estas obras benefician aos veciños e veciñas que viven nesta parroquia, así como ás explotacións agrícolas e gandeiras que desenvolven aquí a súa actividade. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse xunto co concelleiro Balbino Martínez ata a zona de actuación para comprobar a marcha dos traballos, case finalizados.

0.2089478969574