Melloran o acceso ao núcleo de Fontao, en Guntín

O Concello de Guntín continúa a mellorar os camiños de titularidade municipal. Tras as actuacións levadas a cabo nos camiños e nas pistas de Nogueiras, na Horta e tamén en Arriba de Ferroi e no asfaltado e na canalización no núcleo de Constante, nestes días traballaron na mellora do acceso ao núcleo de Fontao, na parroquia de Zolle.
Dende o Goberno local apostan así poro labores de mellora e acondicionamento do firme. Estas actuacións coas que pretenden facilitar a vida da veciñanza das súas 31 parroquias súmanse a outros proxectos do Goberno local como son a humanización do campo da feira de Grolos ou a creación dun novo aparcadoiro.