Melloran o firme no Camiño do Souto, entre Garaballa de Abaixo e Albeiros
LugoXa
A Concellería de Medio Rural mellora o firme do Camiño do Souto que comunica a Garaballa de Abaixo con Albeiros
4 Maio 2023
O Tenente de Alcaldesa e concelleiro da Área de Cohesión Territorial, Miguel Fernández, supervisaba as tarefas de mellora do firme do Camiño do Souto que comunica a Garaballa de Abaixo con Albeiros.
Estas obras están sendo realizadas polo propio persoal do Parque Móbil do Concello cunha pala e un camión, e consisten na limpeza do firme co estendido dunha capa de zahorra.
Coas intervencións, Fernández sinalaba que se cumpre coa demanda trasladada polos veciños e veciñas apuntando que, “o traballo do Concello no arranxo de camiños é constante”.