Mellorar a iluminación e a sinalización das rúas protagonizan as demandas dos veciños de Galegos, en Lugo
A Concelleira de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, mantivo unha reunión con veciños e veciñas de Galegos, para recoller algunhas das súas demandas e tamén coñecer a súa opinión sobre as últimas actuacións acometidas polo Concello de Lugo, concretamente na mellora de instalacións deportivas e en materia de transición ecolóxica. O encontro, que se enmarca na rolda de reunións que a concelleira está a ter nos distintos núcleos rurais do municipio, contou coa asistencia de máis de sesenta veciños e veciñas de Galegos, ademais dos concelleiros de Dinamización Económica e de Deporte, Mauricio Repetto e Jorge Bustos, respectivamente.
Entre as demandas que trasladaron á edil de Cohesión Social e Territorial figura unha mellor regulación do tráfico; aparcamento nas marxes dos viais; mellorar a iluminación en zonas escuras, e a sinalización de rúas. Ana González Abelleira se comprometeu a trasladar estas peticións aos correspondentes servizos do Concello de Lugo.
A reunión serviu tamén para coñecer a valoración positiva da veciñanza de Galegos en canto ás ultimas actuacións acometidas no barrio. Por unha banda, as executadas en instalacións deportivas, pero tamén as últimas intervencións da área de Transición Ecolóxica, como a roza de camiños; a colocación de novos colectores e o acondicionamento do exterior do local social da asociación de veciños deste barrio.