Mellorarán a eficiencia enerxética do alumeado en Ramón Ferreiro

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, deu conta dos traballos executados nas últimas semanas dentro do plan municipal de renovación da rede de alumeado público, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e garantir unha iluminación de calidade en toda a cidade. Segundo explicou Arroxo, "seguimos traballando en distintas zonas de Lugo para garantir un alumeado eficiente, reducindo o consumo eléctrico e eliminando zonas escuras, ao tempo que melloramos a seguridade e o benestar da veciñanza".
Nos últimos días comezaron os traballos, que consisten na substitución de 33 puntos de luz de 250W, que serán substituídos por puntos de luz LED de 100W, ademais, o píntanse os soportes das luminarias, garantindo unha mellora estética da contorna.
Arroxo salientou que "a renovación do alumeado público permite harmonizar a contorna, unificar a temperatura de cor e mellorar a uniformidade lumínica, eliminando zonas escuras e reducindo o risco de avarías". Ademais, subliñou que estes traballos contribúen á redución do gasto público e dos residuos xerados, ao recuperar luminarias existentes e adaptar a rede ás novas tecnoloxías.
O Tenente Alcalde lembrou que "desde a chegada ao Goberno de Lugo traballamos continuamente para que a veciñanza poida desfrutar dun alumeado eficiente e moderno, reducindo custos e mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños".