Mellorarán os accesos ao Centro de Saúde e á Rúa da Paz en Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei vén de recibir unha achega económica de 20.000 euros por parte da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia destinada a obras de aglomerado en dous treitos de rúas urbanas fundamentais no municipio: un correspondente aos accesos ao Centro de Saúde e outro na Rúa da Paz.
Esta actuación permitirá mellorar o firme destas dúas vías esenciais para a veciñanza, xa que unha delas conecta co Punto de Atención Continuada Comarcal (PAC Palas-Monterroso-Antas), a base comarcal de ambulancias, o campo de fútbol, a piscina e o polideportivo municipal.
O alcalde de Palas de Rei agradeceu o respaldo da Xunta de Galicia e salientou a importancia desta achega para a mellora dos servizos públicos locais.