Mellórase a seguridade viaria na Rúa da Industria con obras de reconfiguración da mediana

O Concello de Lugo iniciou os traballos de mellora da seguridade viaria na Rúa da Industria, no tramo que comunica Benigno Rivera co Polígono das Gándaras, cunha inversión de 125.710,78 euros adxudicada á empresa Construcciones Sanle Lugo.
A intervención contempla a reconfiguración da mediana, seguindo o modelo aplicado previamente nas Gándaras, co obxectivo de optimizar a fluidez do tráfico e facilitar a maniobrabilidade dos vehículos industriais. Segundo explicou o tenente alcalde Rubén Arroxo, “esta actuación permitirá aumentar a seguridade vial nunha contorna moi transitada e de importancia para o tecido empresarial de Lugo”.
Ademais, a Xunta de Goberno aprobou o inicio do procedemento de contratación para o subministro de produtos de hixiene nas Escolas Infantís Municipais Serra de Outes e Gregorio Sanz, cun orzamento máximo de 27.225 euros e unha duración inicial dun ano, prorrogable ata dúas anualidades. O material incluirá esponxas, panos, luvas, xabón, colonia, produtos de limpeza, bolsas de lixo e elementos de primeiros auxilios.
Tamén se abriu a licitación para o subministro de equipos de protección individual (EPIs) destinados ao persoal do Cemiterio e do Mercado Municipal, cun orzamento base de 6.583,61 euros. Este contrato, que pode prorrogarse ata cinco veces, permitirá subministrar botas, luvas, mascarillas e outros materiais de protección para garantir condicións laborais seguras.