Mellorouse o camiño de acceso ao núcleo de Esporiz de Monterroso
LugoXa
A obra, que contou cun orzamentos de 16.015,69 euros, foi financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024
9 Dec 2024
O Concello de Monterroso vén de rematar as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Esporiz e o alcalde, Eloy Pérez, xunto cos dous concelleiros do equipo de Goberno, supervisaron o remate dos traballos.
A actuación consistiu en dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función e que evitara a presenza de fochas que dificultaban a circulación con seguridade.
A obra, que contou cun orzamentos de 16.015,69 euros, foi financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.
Antes dos traballos de aglomerado, o Goberno local ocupouse xa da instalación da tubaxe de polietileno para o abastecemento de auga do núcleo de Esporiz, actuación que sufragou integramente o Concello de Monterroso.