Membros do BNG de Ourense coñecen o traballo de reacondicionamento do Vello Cárcere

LugoXa
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, recibiu en Lugo a unha parte do grupo municipal do BNG de Ourense, que visitou as instalacións do Vello Cárcere da cidade transformado dende hai anos en centro cultural.
traballo acondicionamento vello carcere bng ourense
5 Ago 2023

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, recibiu en Lugo a unha parte do grupo municipal do BNG de Ourense, que visitou as instalacións do Vello Cárcere da cidade transformado dende hai anos en centro cultural.

As concelleiras e concelleiros de Ourense realizaron unha visita polas instalacións do Vello Cárcere, onde coñeceron as súas exposicións, así como todo o traballo de reacondicionamento do edificio realizado para o seu actual uso como centro sociocultural ao servizo da veciñanza. Rubén Arroxo afirmou que “o modelo do Vello Cárcere de Lugo converteu esta instalación nun dos maiores atractivos turísticos do concello”.

O BNG proporá en Ourense aplicar un modelo similar ao Cárcere ourensán, unha instalación na que se está a planificar a rehabilitación. Arroxo afirmou que “o modelo de Lugo é perfectamente aplicable no Cárcere de Ourense, hoxe mostramos ás compañeiras e compañeiro do BNG cal é o noso proxecto para esta instalación, co obxectivo de que poidan defender un modelo similar na súa cidade”.

Rubén Arroxo destacou que o Vello Cárcere “é un espazo que, despois de máis de 130 anos de historia, se converteu nun lugar fundamental de encontro cultural e social na cidade”, acollendo todo tipo de manifestacións culturais e eventos, tales como exposicións, concertos, obras de teatro, congresos, faladoiros ou obradoiros didácticos.

0.18001103401184