Membros do Club de Billar Adai forman ao alumnado de Friol neste deporte

TerraChaXa | LugoXa
Pablo Marqués e César Vilarín, membros do Club de Billar Adai do Corgo, achegaronse ata o CPI DR López Suárez de Friol para realizar diferentes sesións co alumnado do centro e explicar os nenos e nenas os fundamentos técnicos deste deporte.
formacion billar club adai friol
1 Mar 2024

Pablo Marqués e César Vilarín, membros do Club de Billar Adai do Corgo, achegaronse ata o CPI DR López Suárez de Friol para realizar diferentes sesións co alumnado do centro e explicar os nenos e nenas os fundamentos técnicos deste deporte.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, así como o de 3º e 4º da ESO, foi partícipe dunha sesión de iniciación ao billar como continuación da xornada de portas abertas e visita dos alumnos ás instalacións do Club de Billar de Adai realizada no mes de novembro, enmarcada dentro das Xornadas Xogade.

Esta sesión aconteceu tras deixar ao centro a mesa de billar de 7 pés durante o presente curso, para que os rapaces poidan xogar nos períodos de lecer e cando o considere o profesorado. "Estamos moi contentos de que os propios alumnos da ESO puxeran xa en marcha un torneo de billar interno", din desde o club.

0.1875331401825