Merca no teu Comercio reparte 1.000 euros en premios para impulsar o pequeno comercio de Lugo

LugoXa
A iniciativa premiará a fidelidade dos clientes con 20 tarxetas regalo de 50 euros cada unha, válidas ata o 31 de decembro
Merca-no-teu-comercio-Lugo
24 Oct 2025

A campaña Merca no teu Comercio, que se desenvolve na cidade ata o 30 de outubro, ten o obxectivo de incentivar as vendas nos negocios de proximidade. A iniciativa está promovida polas Federacións de Comercio galega e lucense co apoio da Xunta.

O programa busca fomentar o consumo local, recompensar a fidelidade dos clientes e poñer en valor os pequenos negocios da cidade. Por iso, repartirá 1.000 euros en premios entre os compradores, distribuídos en 20 tarxetas regalo de 50 euros, que deberán empregarse para volver mercar nos comercios de proximidade do municipio ata o 31 de decembro.

O sorteo terá lugar o 31 de outubro, e para participar é necesario rexistrar a compra na páxina web da campaña, onde tamén se pode consultar toda a información sobre o programa.

⚙ Configurar cookies
0.093367099761963