Merlán, en Palas de Rei, celebra as súas festas

LugoXa
A celebración comeza o venres con misa solemne e sesión vermú da man da Fonte e Merlán
festas-patronais
Imaxe de arquivo
30 May 2024

A parroquia de Merlán, en Palas de Rei, prepara as súas festas na honra a Santa Pedronila o 31 de maio e o 1 e 2 de xuño. A celebración comeza o venres con misa solemne e sesión vermú da man da Fonte e Merlán. O sábado haberá misa solemne de novo e sesión vermú co Grupo Grease que estará amenizando a verbena xunto co Dj Deluxe.

O domingo de novo organízase misa solemne e sesión vermú co Dúo Tranos e haberá de novo verbena coa orquestra Gran Parada a partir das 20.00 horas. A cita conta coa colaboración do Concello de Palas de Rei.

merlan_palas_de_rei
0.1663179397583