Merlán, en Palas de Rei, organiza o seu campionato de tute

LugoXa
Merlán, en Palas de Rei, celebra o seu campionato de tute despois de que tivera que ser aprazado.
6 Maio 2024

Merlán, en Palas de Rei, celebra o seu campionato de tute despois de que tivera que ser aprazado. A cita, que ten un prezo de 60 euros por parella con xantar e pinchos á noite, será o 11 de maio. Os gañadores faranse con 300, 200 e 100 puntos e haberá premio de consolación para os que queden en cuarto, quinto e sexto lugar.

Como máximo a competición xuntará a 30 parellas e os premios adaptaranse en función do número final de participantes. O evento conta coa colaboración do Concello de Palas de Rei. Os interesados en anotarse poden chamar ao 636 570 578 ou 666 120 772.

0.11803007125854