Migallas leva á casa museo Manuel María o seu espectáculo 'Cantaxoga'

LugoXa | TerraChaXa
Música en galego dirixida para nenas e nenos entre 3 e 10 anos, a través de distintos estilos musicais
migallas
6 Nov 2024

Este sábado, 9 de novembro, ás 17 horas, a música e o teatro de Migallas xuntará a crianzas e familias na Casa-Museo Manuel María que queiran desfrutar de Cantaxoga. Un espectáculo onde María Campos e Carlos Yus, Migallas, interpretan cancións dos seus discos Canta connosco! e Pan de millo.

Música en galego dirixida para nenas e nenos entre 3 e 10 anos, a través de distintos estilos musicais: rock, cumbia, rap, reagge, rumba..., e con sketchs cómicos relacionados cos propios contidos das cancións.

Migallas é unha veterana compañía pontevedresa con montaxes e espectáculos musicais, teatrais e de expresión dramática para todos os públicos e cunha salientábel actividade de difusión da literatura popular infantil de Galiza como o demostra o seu web orellapendella.gal

Para asistir ao concerto deste sábado é necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

0.20099186897278