Miguel Fernández e Jorge Alba daranlle vida ao aparcadoiro do Seminario Menor cun mural

LugoXa
Miguel Fernández e Jorge Alba le darán vida al interior del aparcamiento público del Seminario Menor de Lugo con un nuevo mural.
Mural Seminario
24 Abr 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que vén de comezar a elaboración dun novo mural no interior do aparcadoiro público do Seminario Menor. Arroxo explicou que desde o Goberno de Lugo "seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable”. O novo mural, elaborado polos artistas locais Miguel Fernández e Jorge Alba, da continuidade ao traballo elaborado o pasado verán na medianeira, que se pode ver desde a rúa Anxo López Pérez.

A obra de Miguel Fernández e Jorge Alba pretende ser unha mirada plural e actual ao universo feminino. Os artistas destacan que “este mural é unha homenaxe a elas. A sua esencia. O futuro é de elas. Non hai cousa que non podan abarcar ou facer. A esperanza dun mellor mundo e futuro está nelas”.

O aparcadoiro municipal do Seminario pode utilizarse de luns a venres entre as 15:30 e as 22:00, e de 10:00 a 00:00 as fins de semana.

0.13539409637451