Miguel Fernández e José María Seijas abordan iniciativas para impulsar o comercio local en Lugo

LugoXa
O alcalde expresou a súa confianza de que a peonalización dentro da muralla será un revulsivo para o comercio lucense e un motor para dinamizar o tecido empresarial
alcalde-de-Lugo-con-Federacion-Galega-de-Comercio
19 Jun 2025

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo unha reunión co presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, na que foi a primeira xuntanza institucional desde que Fernández é rexedor.

O encontro centrouse en analizar iniciativas para o sector comercial local ante a próxima finalización das obras de peonalización no centro histórico da cidade. O alcalde expresou a súa confianza de que a peonalización dentro da muralla será un revulsivo para o comercio lucense e un motor para dinamizar o tecido empresarial da cidade.

Miguel Fernández amosou a súa intención de continuar colaborando cos negocios locais de proximidade, destacando que esta colaboración non só pon en valor o comercio, senón que tamén contribúe ao desenvolvemento doutros sectores importantes na cidade. Durante a reunión, o rexedor interesouse pola situación actual do colectivo comercial e polas súas demandas. Ao mesmo tempo, subliñou a necesidade de manter a cooperación entre o Concello e a Federación de Comercio para organizar eventos e impulsar campañas que dean visibilidade a un sector cada vez máis especializado e innovador, fundamental para a creación de emprego en Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.17511701583862