Miguel Fernández fai un ano á fronte do Goberno local de Lugo

LugoXa
Desde a súa investidura tras o falecemento de Paula Alvarellos, o alcalde puxo en marcha proxectos, pero este período tamén estivo marcado polas críticas da oposición e da cidadanía
alcalde-de-Lugo-Miguel-Fernández
11 Mar 2026

Hoxe, mércores 11 de marzo, fai un ano desde que Miguel Fernández, natural de Ribeira de Piquín e nado en 1955, asumiu a Alcaldía de Lugo tras ser investido pola Corporación municipal nun pleno no que se gardou un minuto de silencio polo repentino falecemento da alcaldesa Paula Alvarellos, un suceso que motivou a elección dun novo rexedor.

Fernández recibiu o bastón de mando do tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e no seu discurso destacou o seu agradecemento a Paula Alvarellos, así como aos seus compañeiros do PSOE e do Concello de Lugo, sen esquecer á súa familia, presente no acto. Uns días máis tarde, presentou o novo decreto de organización do Goberno local.

Durante este primeiro ano de mandato, Miguel Fernández liderou diversos proxectos, como a reforma da Fábrica da Luz e o Plan Novo Norte, ademais de proxectos en curso como a esixencia da creación dun Museo da Romanización.

Este período tamén estivo marcado polas críticas da oposición e da cidadanía polas obras no centro histórico e tamén, na actualidade, ao Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS).

Como logro destacado, os orzamentos municipais lograron aprobarse a pesar das emendas presentadas, fortalecendo a estabilidade económica do Concello.

De cara ás eleccións municipais de 2027, Miguel Fernández afirmou que “ten ganas de seguir sendo alcalde máis aló de 2027”, polo que, en principio, encabezará a lista do PSdeG en Lugo.

0.13067197799683