Miguel Fernández valora os seus primeiros días como alcalde de Lugo

O novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo unha valoración positiva dos seus primeiros días ao fronte do Concello, destacando que os proxectos máis inmediatos son aprobar os orzamentos e rematar as obras do centro histórico.
O decreto provisional de organización, asinada tras a súa toma de posesión como alcalde, mantén a distribución de concellerías co obxectivo de "recuperar a normalidade o antes posible", tal e como indicou durante o acto de investidura.
En canto ás obras no casco antigo da cidade, Fernández sinalou que o seu obxectivo é "finalizalas o antes posible", esixindo á empresa encargada dos traballos que cumpra cos prazos establecidos.