Miguel Muñoz foi o protagonista do ciclo de charlas 'Luz ó deporte'

LugoXa
Na conferencia, titulada 'Veteranía nos pés, mocidade no corazón', o deportista compartiu detalles da súa traxectoria profesional como xogador de fútbol sala
Charla-Miguel-Muñoz-Xunta
19 Nov 2024

O xogador de fútbol sala Miguel Muñoz foi o protagonista do ciclo de charlas 'Luz ó deporte' que organiza a Fundación Breogán co apoio da Xunta de Galicia.

Na conferencia, titulada 'Veteranía nos pés, mocidade no corazón', o deportista compartiu detalles da súa traxectoria profesional e vital cun auditorio formado por arredor de 300 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e dos colexios Padres Franciscanos e A Inmaculada.

Miguel Muñoz, actual capitán do Lugo Sala, ten xa unha longa carreira en equipos como o Azkar Lugo, o Parrulo Ferrol ou o Pescados Rubén Burela, e segue a ser un referente deste deporte. No seu palmarés figuran, entre outros trofeos, unha Copa de España e unha Recopa de Europa, conquistadas no 2006 e no 2007 respectivamente.

O acto tivo lugar no salón de actos da Delegación Territorial de Lugo e contou coa asistencia do delegado territorial, Javier Arias.

0.20472478866577