Mochilas cheas de ilusión

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
O pupitre é a sección do mestre Julio Díaz no que trata os temas de actualidade no ámbito educativo cun toque persoal
julio diaz foto colaborador lugo
10 Oct 2022

Por Julio Díaz

Quero dar unha benvida moi especial a este novo curso escolar xa que estamos a recuperar encontros, bicos, apertas… e, dentro da nova e ilusionante rutina do “fora máscaras”, por fin os rapaces mais novos van coñecer ós seus compañeiros “tal cal”, despois de dous anos e medio de pandemia.

Todos os comezos de curso son difíciles, temos que despreguizar a uns rapaces que veñen de vivir un longo tempo de sol, praia, montaña, amigos, liberdade de horarios… pero volven coa ilusión de quen non sabe moi ben co que se van a atopar. Nosos rapaces/as reencóntranse con compañeiros/as do curso anterior, coñecerán outros novos e darán comezo toda unha seria de relacións inesquecibles entre eles e, como non, tamén cos profesores.
Eu sei que ensinar e unha tarefa complicada, aprender tamén o é; da vertixe de feito. Os que somos docentes sabemos que somos, xunto ás familias, os encargados de ir tecendo as ramas que logo conformarán os varelos, follas e a árbore enteira.

Escoitaba este ano a unha compañeira docente na porta da súa aula comentar con outros compañeiros que todos os comezos de curso son complicados non só para nais, pais e alumnos, senón tamén, e sobre todo, para os docentes. Nesta conversa a compañeira dixo unha frase que quedou gravada na miña mente: “Eu tamén estou nerviosa, teño que conquistalos”, teño que conquistalos, que gran reto!.

Levo moitos anos dedicado á docencia dunha ou doutra maneira, quizais demasiados, e sinto este comezo de curso de maneira moi distinta. Auguro un curso certamente complexo con esta nova lei que envolve todo nun mar de incertezas e novidades. Mais por outro lado sei que nós, os docentes, sempre estaremos aí, a altura das circunstancias. Vimos de superar as dúas pandemias, a sanitaria e a educativa, cun “sobresaliente cum laude”. En tempo récord fomos capaces de continuar ca nosa tarefa educativa nunhas condicións totalmente novas para nos, confirmándose que a aprendizaxe prodúcese cando alguén quere aprender, mais que cando outro pretende ensinarlle; en iso consistiu o noso éxito durante a pandemia. Con moi poucas ferramentas fomos capaces de espertar o interese dos nosos alumnos, acadando aprendizaxes significativos e relevantes, a base de manter neles unha constante disposición emocional cara a este aprendizaxe.

Seríamos inxustos se non compartíramos este éxito coas familias, pois elas foron e seguen a ser, o piar fundamental da formación dos nosos rapaces. A familia é, de feito, a parte substancial da comunidade educativa, tendo non so o dereito, senón tamén o deber, de participar no proxecto educativo dos seus fillos. Para aquelas que non o consideren así comentarlles que todas as pedras que lancen sobre o tellado da escola caerán sobre as cabezas dos seus fillos/as.

Para rematar, quero desexar desde o meu “pupitre” un proveitoso curso escolar 2022/2023 cunha frase que recolleu Mark Twain dunha mestra no seu primeiro dia de escola despois dunha longa ausencia “foi como tratar de manter trinta e cinco cortizas baixo a auga ó mesmo tempo”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18599510192871