Modifican o tráfico no o acceso e saída da rúa Armañá
Ante a necesidade de executar as canalizacións entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo, traballos enmarcados na obra Corazón Verde entre Murallas, córtase o acceso e saída da rúa Armañá á devandita praza –á altura da entrada de Massimo Dutti– a partir deste martes pola mañá.
Para iso, mentres duren os labores, os vehículos que accedan e saian desde a contorna da Praza Armañá, deberán facelo pola rúa Luis Peña Novo, por diante da Praza de Abastos e xunto á saída do parque de Santo Domingo, para o que se habilitará dobre sentido de circulación.
A empresa encargada das obras instalará sinalización na zona, garantindo as condicións de seguridade para traballadores e usuarios xa que o tránsito peonil si estará permitido. O Concello lamenta as molestias que estes traballos poidan ocasionar e pide comprensión á veciñanza.