Moita participación e bo ambiente na Papanoelada Motera de Lugo

LugoXa
A ruta motera rematou no centro de san Vicente de Paúl, onde os participantes repartiron agasallos aos usuarios deste centro
Papanoelada-Motera-Lugo-2024
23 Dec 2024

A Papanoelada Motera que se celebrou este domingo na cidade de Lugo congregou a decenas de afeccionados ao motor sobre dúas rodas, que se deron cita no aparcadoiro das Termas para percorrer Lugo, rematando en Áugas Férreas.

Ademais, este ano sumáronse tamén algúns coches, polo que a cifra de vehículos chegou a superar o centenar, tal e como explican os organizadores.

"Houbo bastante participación motera e bo ambiente. E tamén o tempo nos deu un respiro, xa que as previsións eran de chuvia, pero ao final puidemos desfrutar da ruta sen ningún inconveniente", argumentan.

Con todo, a ruta rematou no centro de san Vicente de Paúl, onde repartiron agasallos aos usuarios deste centro, "algo que nos fixo moita ilusión ao ver a cara de felicidade de todos os rapaces que recibiron esta sorpresa tan bonita e, sobre todo, polas palabras que nos deron de agradecemento".

Finalmente, quixeron agradecer á Policía Local por axudarlles en todo momento e aos participantes neste evento. Así, sostiveron que "intentaremos mellorar para o ano que vén, porque cada ano é mellor que o anterior", conclúen.

0.1461808681488