Monedero visitou Lugo para arroupar á candidata de Podemos-Esquerda Unida
A candidata á Alcaldía de Lugo pola Coalición Podemos – Esquerda Unida, Chus Rodríguez, visitou o barrio da Residencia, Fonte dos Ranchos e zona de Abella.
Aproveitando a visita a Lugo, para arropuar a candidatura da coalición de esquerdas, de Juan Carlos Monedero, Chus Rodríguez, xunto con Ximena Cheda, e outros membros da candidatura, quixeron achegarse a un dos múltiples barrios abandoados, tanto polas políticas de cemento e formigón do Concello, como por parte da Xunta de Galicia.
Segundo Chus Rodríguez “o barrio da Residencia é un dos barrios simbólicos que pasou de estar cheo de vida, negocio e pequeno comercio, a ver como tiñan que pecharse os comercios de barrio ao terse derruído o antigo Hospital Xeral e trasladarse todos os servizos sanitarios ao HULA e, aínda a día de hoxe, e logo de varios anos, seguimos a agardar que se lle dea un uso a este espazo e poder recuperar a vida destes barrio, mentres se segue a especular a golpe de ladrillo, anunciando o Concello hoxe mesmo (a catro días das eleccións) o desbloqueo (despois de anos parado) do impulso dunha nova unidade urbanística moi preto, na Cheda (xunto con outra na Duquesa de Lugo)”. Segundo Rodríguez, “a nosa aposta segue a pasar por cubir os baleiros urbáns e darlle vida e compactación á cidade e non construír máis vivenda e especular, por parcelas e interese de determinados constructores”.
Nesta visita, a candidata da Coalición, quixo que Juan Carlos Monedero, un dos fundadores de Podemos e actualmente director do Instituto República y Democracia, mantivera un encontro coas familiares das vítimas do doble crime do Cash Record, do que hai uns días cumpríanse 29 anos.
Rodríguez, incidiu “na necesidade de que haxa moitas persoas máis, como Isabel e Beli, mulleres valentes que defenden o que consideran xusto e tentan que se destape a realidade do que viviron, como outras mulleres loitadoras que defenden a verdade, a xustiza e a reparación, aínda que reciban sentencias inxustas”.
Neste sentido, Monedero fixo a comparación desta loita coa das mulleres nais de moitos rapaces vítimas da droga e doutros loitas sociais, defendendo que son as políticas de esquerdas quen pode poñer luz en sistemas escurantistas e lembrou a dor que puideron sentir as “nais da droga”, cando viron ao Señor Feijoo, ex presidente da Xunta, e agora líder da oposición en Madrid, fotografiado no yate de Marcial Dorado, un dos maiores narcotraficantes de Galicia.
Posteriormente percorreron outras rúas ata chegar ao casco histórico, onde mantiveron encontros e conversas con múltiples veciñas e veciños que se achegaron ao seu encontro.