Mónica Freire inaugurou as Xornadas de Desenvolvemente Rural. Ciencia na aldea en Negueira de Muñiz

La diputada Mónica Freire inauguró las Jornadas de Desarrollo Rural. Ciencia en la aldea que tiene lugar en Negueira de Muñiz.
xornada negueira
23 Abr 2022

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, inaugurou na tarde do venres a segunda edición das “Xornadas de Desenvolvemento Rural. Ciencia na aldea", que se celebrarán durante a fin de semana no ecomuseo El País del Abeyeiro, en Negueira de Muñiz,e nas que se inscribiron preto de 100 persoas.

Na súa intervención, xunto a Vanesa Paredes e Alberto Uría, da Asociación Corripa, a responsábel provincial sinalou "a boa acollida deste encontro, organizado pola area de Medio Rural e pola Asociación Cortipa, e incidiu na necesidade de desenvolver estas iniciativas no rural, apoiando e dinamizando espazos como o ecomuseo El País del Abeyeiro, que xurden de aproveitar e poñer en valor o potencial produtivo e o patrimonio cultural e natural do rural"

Nesta primeira xornada,as intervencións centráronse na exposición de experiencias postas en marcha baixo a figura legal da custodia do territorio, baseada en acordos entre entidades de conservación e propietarios de terreos públicos e privados, como ferramenta de conservación de especies e paisaxes e de creación de riqueza, emprego e benestar no rural.

Nesa liña, apuntaron as intervencións de Óscar Prada, coordinador da Plataforma de Custodia do Territorio da Fundación Biodiversidad, Roberto Lozano, da Fundación Osíxeno, Roberto Hermida, doutor en bioloxía e membro de Morcegos de Galicia, e Óscar Rivas, veterinario da Asociación Galega de Custodia do Territorio.

As xornadas citan hose sábado e mañá domingo a especialistas en botánica, entomoloxía ou neurobioloxía, que afondarán no coñecemento da variedade de especies animais e vexetais da montaña lucense, con exposicións teóricas e paseos guiados.

0.23380208015442