Monterroso acolle coa a xornada ‘Conversas no Camiño’ da man da Asociación de Municipios del Camino de Santiago

LugoXa
O Concello de Monterroso colabora coa Asociación de Municipios del Camino de Santiago (AMSC) na xornada ‘Conversas no Camiño.
xornada camiño monterroso
1 Abr 2024

O Concello de Monterroso colabora coa Asociación de Municipios del Camino de Santiago (AMSC) na xornada ‘Conversas no Camiño. Monterroso’, que vai ter lugar o xoves no salón de actos da casa da cultura en horario de 16.30 a 18.30 horas.

‘Conversas no Camiño’ é un evento organizado pola AMCS, dedicado á análise e debate dos desafíos e oportunidades que presenta o Camiño de Santiago francés ao seu paso polo territorio.

A través de dúas mesas de debate, a opinión dos participantes é fundamental para enriquecer o noso coñecemento e atopar solucións colaborativas respecto a este tramo.

Nesta ocasión tratarase sobre a muller no Camiño de Santiago e os próximos 30 anos do Camiño. O obxectivo é crear un diálogo frutífero que permita non só identificar os problemas, senón tamén propoñer solucións prácticas e realistas.

A xornada

A xornada dará comezo coa benvida da concelleira de Cultura, Jessica Rodríguez. De seguido, intervirán Irene García, artista plástica e peregrina; Ana Barreda, coordinadora de Hospitaleros e Mercedes Murillo, hospitaleira e peregrina, coautora do libro ‘Voces peregrinas, un canto al camino en femenino’. Para rematar, Maximiliano Barrios, xerente da AMSC, ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Horizonte. Os próximos 30 anos do Camiño’.

0.19052386283875