Monterroso abre o prazo de inscrición na formación universitaria para maiores de 50 ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’

LugoXa
O Concello de Monterroso participa no Programa Democratización do Coñecemento implicando á poboación de máis de 50 anos do municipio.
12 Abr 2024

O Concello de Monterroso participa no Programa Democratización do Coñecemento implicando á poboación de máis de 50 anos do municipio. Trátase dun programa de interese público que garante o dereito de todos os cidadáns ao acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos.

Dende a Universidade de Santiago e, en concreto dende o Vicerreitorado de Estudantes e Cultura, o Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo deseñase o programa formativo que se levará a cabo no mes de maio no Espazo Cultural Lorenzo Varela.

A formación, teórica e práctica, abrangue catro seminarios relacionados coas áreas científica, a xurídica e humanística e a artística. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no Espazo Cultural Lorenzo Varela a partir deste luns.

0.080956935882568