Monterroso abre o prazo para a inscrición no Certame Letras Galegas
O Concello de Monterroso anunciou a apertura do prazo de presentación dos traballos ao Certame de Narración e Debuxo Infantil que organiza a Biblioteca Municipal co gallo do Día das Letras Galegas.
O tema para ambas as dúas liñas de presentación (escrita e debuxo) será O que pasa ao meu redor. Un tema común para todos os concellos que presentarán aos gañadores no certame provincial organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
A este concurso poderánse presentar cantos traballos se desexen a calquera das dúas liñas. Iso si, segundo as bases, no caso de presentar unha narración, non poderá superar a lonxitude dun folio a unha soa cara. Os debuxos, terán tamén un tamaño máximo de un folio e se entregarán nunha cartolina.
Cada traballo deberá ir acompañado dunha folla que indique os datos do participante. Os traballos presentaránse na Biblioteca de Monterroso, de xeito presencial e, como máximo, ata o 10 de maio.
Establécense tres categorías por idades: ata os 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 16 anos.