Monterroso acolle a exposición 'Os Maragatos da Porta de San Pedro'

LugoXa
O evento inaugural terá lugar o 31 de marzo ás 19.00 horas, precedido dunha pequena andaina polo Camiño dos Maragatos
centro-interpretacion-monterroso
30 Mar 2025

O Centro de Interpretación A Vila das Feiras de Monterroso será a próxima sede da exposición Os Maragatos da Porta de San Pedro, unha mostra organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro.

A exposición xa percorreu diversas cidades galegas, como Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense, e agora poderá visitarse en Monterroso do 31 de marzo ao 14 de abril.

O evento inaugural terá lugar o 31 de marzo ás 19.00 horas, precedido dunha pequena andaina polo Camiño dos Maragatos. A exposición está composta por doce paneis informativos, dispoñibles en galego e castelán, así como por unha vitrina que contén obxectos e documentos históricos.

A través destes elementos, faise un percorrido pola historia da familia Pérez-Carro, establecida en Lugo desde 1880, e o seu destacado papel no ámbito comercial e social da cidade ao longo de 145 anos.

Os visitantes da mostra recibirán de maneira gratuíta un catálogo que recompila os contidos expostos, permitindo así unha experiencia máis completa sobre a relevancia desta familia e a súa contribución á historia local.

⚙ Configurar cookies
0.14111804962158