Monterroso acolle degustacións gratuítas de produtos do mar

LugoXa
A foodtruck de Galicia Sabe a Mar vaise instalar na Praza do Templete en horario de mañá e de tarde
galicia-sabe-amar-lugo
9 Ago 2024

Galicia Sabe a Mar volve este domingo ao municipio Monterroso. A foodtruck de Galicia Sabe a Mar vaise instalar na Praza do Templete en horario de mañá e de tarde. As degustacións son gratuítas Galicia Sabe a Mar é unha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar.

Tamén pretende impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. En cada parada os visitantes poden degustar algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

0.19968605041504