Monterroso acolle este domingo a Cabalgata dos Reis Magos e o Belén Vivinte

LugoXa
Para os máis pequenos, estará dispoñible o Buzón Real situado na Avenida de Lugo
Belén-Vivinte-de-Monterroso
5 Jan 2025

Monterroso prepárase para vivir unha xornada máxica e chea de ilusión este domingo, 5 de xaneiro, coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos e o Belén Vivente.

A partir das 18.30 horas, as súas maxestades de Oriente percorrerán as rúas da vila nun desfile que comezará na Rúa das Arcas. O percorrido continuará polo Camiño Real e prolongarase pola Avenida de Lugo ata chegar ao pavillón municipal A Cúpula, onde rematará o evento.

Para os máis pequenos, estará dispoñible o Buzón Real situado na Avenida de Lugo, unha oportunidade perfecta para deixar as cartas con todos os seus desexos antes da noite máis máxica do ano.

0.16906094551086