Monterroso acolle un Mercado de Nadal os días 16 e 17 de decembro
LugoXa
O Concello de Monterroso organiza o I Mercado de Nadal para os días 16 e 17 de decembro no Auditorio Municipal A Cúpula.
7 Dec 2023
O Concello de Monterroso organiza o I Mercado de Nadal para os días 16 e 17 de decembro no Auditorio Municipal A Cúpula.
Os postos poderán abrir de 12.00 a 21.00 horas os dous días e haberá unha ampla variedade de diferentes sectores como artesanía, alimentación, roupa, xoguetes, 2ª man...
Poderán participar comerciantes, empresarios, artesáns e asociacións locais. Estará aberto ademais a artesáns e produtos de interese non locais que teñan tarxeta ambulante. E será gratuíta para todos os interesados e interesadas.
A adxudicación dos postos farase previa presentación de solicitudes polos interesados antes do 13 de decembro no correo espazo.lorenzo.varela@gmail.com