Monterroso acollerá a XII Concentración Moteira os días 6 e 7 de setembro

Monterroso converterase os días 6 e 7 de setembro no punto de encontro para os amantes das dúas rodas coa celebración da XII Concentración Moteira. O evento foi presentado hoxe polos organizadores xunto co alcalde, Eloy Pérez, e o concelleiro Balbino Martínez.
A cita, aberta a todo tipo de público, iniciará as inscricións o sábado 6 de setembro ás 16:00 horas. Esa mesma tarde desenvolveranse xogos moteiros e unha exhibición a cargo de Paulo Martinho, que repetirá cun segundo pase de madrugada. A xornada completarase coa música do DJ Bais 7.
O domingo 7 estará dedicado a unha ruta libre turística, unha sesión vermú amenizada tamén polo DJ Bais 7 e un xantar que incluirá sorteo e entrega de trofeos para poñer o broche final á concentración.